Coa intención de que os animais domésticos non pasasen ás hortas, e, ao mesmo tempo, para que só camiñasen as persoas cando fose estrictamente necesario e con dificultade, construironse os portelos en época pretérita.
Decenas deles dispersos polos barrios, en eidos, en socalcos, en carreiros de pé, ealgúns tamén como finalización de camiños de carro, distribuense ao longo de toda a parroquia ainda que nos últimos tempos moitos foron retirados.
Os portelos son construcións sinxelas pero efectivas para impedir o paso e ó mesmo tempo a proteción de cultivos, asegurando que cabras, ovellas, bois e vacas arrasasen as veigas e os cultivos nas propiedades que se protexían deste xeito.
Son os portelos.