O grupo de teatro Seliña

No ano 2015 fúndase o grupo de teatro “Seliña” coa intención de recuperar esta afección tan importante en Sela durante varias étapas da sús historia, pois hai lembranza de que nos anos da Repúblca (1931-1936) á iniciativa da mestra Luisa Estévez Carpintero, os rapaces e rapazas da escola pública ensaiaron e representaron na nosa parroquia. Anos máis tarde, a finais da década dos 60, un grupo de xovéns con inquedanza teatral tamén levaron a cabo un espectáculo teatral. Arredor de 1980 fúndase o grupo de teatro “A pesqueira”, dirixido por doña Anita Morales, mestra no colexio de Arbo que, unha vez xubilada, agrupou a varios dos seus exalumnos e representaron durante uns anos con moito éxito varias obras de interés.

As súas sobras

O grupo de Teatro Seliña leva representado nestes anos de existencia diversas obras.

De Alfonso Rodríguez Castelao tivo un importante éxito en todos os escenarios polos  que pasou.

Espectáculo propio do grupo que consistía na montaxe con varias escenas cómicas do grupo

Representada no 2018 e da cal é autor Agapito Valado

Por culpa da pandemia tivemos que parar e agora estamos a levar ós escenarios esta obra da cal tamén é o autor Agapito Valado.