Teatro e cultura
desde Sela, Arbo.

Grupo de teatro Seliña
Desde 2015, máis de 50 actuacións en Galicia e no norte de Portugal.
«…desde o ano 2015 tamén teatro co grupo Seliña, que leva actuado máis de 50 veces en diversos puntos da xeografía galega e do norte de Portugal.»
Agapito Valado, presidente

Repertorio
Castelao, escenas cómicas propias e comedias de Agapito Valado.

Evaristo de Sela
Poeta e tradutor da Ilíada e a Odisea ao galego. Sela 1917 – Vigo 1994.

Contrata o Seliña
Leva a función á túa festa, semana cultural ou auditorio.
Próxima función
O Grupo de teatro Seliña presenta
Sen-Jas
- Data
- Hora
- 19:00 h
- Lugar
- Casa Cultural de Mañufe, Gondomar Como chegar
- Información
- Antonio · 666 28 29 44Inés · 649 99 54 57
Organiza a A.C. Evaristo de Sela. Colabora a Deputación de Pontevedra.
Somos unha asociación cultural de Sela que leva o nome do seu poeta.
A Asociación Cultural Evaristo de Sela naceu en 1999 na parroquia de Santa Mariña de Sela, no concello de Arbo, para fomentar e dinamizar a cultura en todas as súas manifestacións.
O nome é unha homenaxe a Evaristo González Fernández (Sela 1917 – Vigo 1994), poeta e tradutor de linguas clásicas ao galego, que asinou sempre como Evaristo de Sela.
O que facemos
Teatro Seliña
Desde 2015 o grupo de teatro da asociación leva actuado máis de 50 veces en Galicia e no norte de Portugal.
Coñece o grupoBoletín Seliña
Publicado desde 2001: noticias, toponimia, antropoloxía, colaboracións literarias e a obra de Evaristo de Sela. Desde o número 48 é semestral.
Ler o boletínA memoria de Evaristo de Sela
En 2011 organizamos co Concello de Arbo e a Sociedade Española de Estudos Clásicos unha homenaxe na súa casa natal, no barrio da Granxa.
Vida e obraTradición e folclore
Seráns nos barrios da parroquia, Día das Letras Galegas e exposicións, grazas a máis de cen socios.
Saúdo do presidente
Boletín Seliña
Ver todosLevamos o teatro
á túa vila.
Organizas unha festa, unha semana cultural ou a programación dun auditorio en Galicia ou no norte de Portugal? Cóntanos onde e cando.




