Artículos

Boletín nº 44: Evaristo de Sela na Galipedia, a Wikipedia en galego

Evaristo de Sela

Evaristo de Sela Fernández, coñecido como Evaristo de Sela, nado en Sela (Arbo) en 1917 e finado en Vigo o 28 de xuño de 1994, foi un catedrático de grego, poeta e traductor galego.

Traxectoria

Estudou o primeiro curso do Seminario de Tui. Desertou do bando franquista (en concreto, do Rexemento de Artillaría Lixeira nº 15 de Pontevedra) a comezos da Guerra Civil española. Foi condenado a cadea perpetua e viviu nos cárceres e nos campos de concentración ate 1942. Autodidacta, licenciouse en Filososfía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor no ensino medio.

DESCARGAR BOLETÍN SELIÑA NÚMERO 44