O boletín Seliña

Fundase en xullo do ano 2001 como boletín informativo da Asociación. Recolle noticias, recensións, estudos sobre toponimia, antropoloxía, colaboracións literarias e sobre todo divulga a obra édita e inédita de Evaristo de Sela.

Nos seus anos de historia leva recollido diversas colaboracións de prestixiosos escritores e persoeiros da cultura galega como Xesús Alonso
Montero, Victor F. Freixanes, Dolores Vilavedra e outros que enriquecen coa súa pluma o contido desta publicación. Serve tamén como recuperador
da tradición oral e dos costumes e folclore da parroquia de Sela, sendo o seu máis importante medio de expresión neste primeiro cuarto de século XXI

O boletín Seliña está aberto ás colaboracions coas que socios e amigos queiran engadir a publicación que comezou sendo trimestral para converterse dende o número 48 en semestral pasando das 20 páxinas inicias as 24 actuais.

Como órgano de expresión da Asociación Cultural Evaristo de Sela, o boletín Seliña leva acadado os obxetivos que se marcou nos seus inicios en 2001: divulgar a cultura entre os veciños da parroquia e divulgar a figura de Evaristo González Fernández, “Evaristo de Sela”.