Evaristo González

Evaristo González Fernández, veu o mundo no barrio da Granxa da parroquia de Sela, concello de Arbo o 2 de marzo de 1917; foi o cuarto fillo do matrimonio formado por Antonio Gónzalez “o Reloxeiro” e Antonia Fernández, labregos os dous. Asistiu a escola de don Pío Paradiñeiro, onde despois de aprender a ler e escribir, memorizaba a única enciclopedia que había na escola. A súa ansia por saber comezou desde ben pequeno, e así, os doce anos, pola intercesión do cura de Barcela, don Crisanto, entra no Seminario de Tui. Estudante modélico, disciplinado e con vocación relixiosa, rematados os estudos primarios, pasa ó noviciado xesuita de Marquan (Bélxica), Naquel pais, á hora de realizar dos votos, botouse atrás e retornou a Tui, ansioso de seguir ampliando coñecimentos teolóxicos e filosóficos, pero atopouse coa porta pechada e regresou a casa natal de Sela, con dezaoito anos recén cumplidos e unhas ansias moi grandes de seguir ampliando estudos.

1935

Nese tempo, (1935), a situación económica na súa casa segue sen ser boiante; os pais, labregos, traballan arreo e o beneficio das colleitas é máis ben escaso. Evaristo, coñecedor deste feito, decide ingresar no exército para aliviar a situación familiar dunha boca máis a manter, e o mesmo tempo ter un teito onde durmir, a comida asegurada e algún tempo libre para seguir ampliando coñecementos.

A súa etapa no exército

O ingreso no exército prodúcese a principios de 1936, no cuartel de Artillería Lixeira de Pontevedra. Naqueles primeiros meses daquel fatídico ano, vívese nos cuarteis unha profunda incerteza, que desencadenaría na guerra incivil—como diría o prestixioso periodista Borobó-. Aos poucos días do “glorioso alzamiento nacional” como lle chamaron os fascistas, o cuartel de Pontevedra sumouse os insurrectos, e os mandos cometeron barbaries cos escasos militares fieis o Estado lexítimo da República e tamén coa poboación civil.

O seu paso polo cárcere

Evaristo, vendo estes atentados contra a democracia e a liberdade, decide, xunto con dous compañeiros, pasarse o bando dos que representaban o estado lexítimo. Para iso tiveron que camiñar desde Pontevedra ata Salvaterra, e desta vila a Portugal para facer o recorrido en liña recta. A escasa fortuna fixo que fosen detidos na localidade miñota de Monçao, e devoltos as autoridades de Salvaterra, para despois duns días nos calabozos municipais, ser trasladados de novo a Pontevedra, para seren xuzgados nun sumarísimo consello de guerra, no que foron condeados. Os dous compañeiros, a morte, e él, por non ter xurado bandeira, a cadena perpetua. Os dous compañeiros foron executados ós poucos días.

Neste tempo de privación de liberdade, Evaristo de Sela profundiza no coñecemento da lingua e da cultura clásica e nace para vivir eternamente no helenismo. Nas longas noites de preso, lendo as epopeias gregas, xurde no seu maxín unha teima : Como soarán os versos de Homero na súa fala de Sela? e principia a fermentar nel a idea de traducir á Homero, algún día, directamente ó galego.

Despois de pasar por diversos cárceres, para cumplir a súa pena: Caldas de Reis, Lazareto de San Simón, batallóns disciplinarios e campos de concentración de Miranda de Ebro e Forte de San Cristobal en Pamplona, aproveita o tempo, estudando os poucos libros de que dispoñen as bibliotecas dos penais, aprende varios idiomas e amplia formación autodidacta en todo aquilo que lle interesa. Escribe poemas, que agocha en libretas forradas con papeis de xornáis e comenza a estudar con moito ahinco grego clásico, namorándose de por vida da lingua de Homero, Destes anos garda a familia, unhas carpetiñas que el titulou como Cadencias, con poemas escritos en Bélxica, en Sela e nos distintos cárceres.

Saída do cárcere

O 23 de xullo de 1942 consigue a liberdade e retorna a Sela. No barrio da Granxa, na casa paterna, permanece ata outubro, cando ó contratan para dar clases no colexio Lábor en Vigo, cidade que será a súa residencia definitiva. Quén ó chama para a docencia e o Padre Baeza, xesuita, coñecedor do saber en letras de Evaristo González Fernández. Co tempo, impartirá clases tamén no Colexio Cluny e no Colexio Marista, acompañando ós seus alumnos ós exames de bacharelato a Pontevedra, onde se presenta él tamén, pois daquela, a pesar dos seus sobrados coñecementos ainda non posúe ningún título académico. Con trinta e oito anos cumplidos, obten o título de Bacharel. Anos máis tarde, e estudando por libre acada o de Licenciado en Filosofía e Letras.

Forma a súa familia

O 27 de agosto de 1944, coñece a quen máis tarde sería a sua dona. María Teresa González Balbuena, matrimonio do que nacerán catro fillos. Á María Teresa, adícalle nos anos de noivado un cartafol de poemas titulado .”Dime esa palabra”, algúns dos cales, están recollidos no seu primeiro libro, “Amar”, publicado no ano 1945 con poemas en galego e castelán

A súa etapa como profesor

Coa obtención do título de licenciado, da comezo a súa andaina no ensino público. No ano 1962, incorpórase o instituto Santa Irene, oposita a agregado de cátedra de grego en 1963 e consegue a praza, sendo destinado ó Instituto de Pontevedra -curiosamente no mesmo edificio onde anos antes estivera preso-, o pouco tempo retorna a Vigo e ocupa a Xefatura do Departamento de Grego do Instituto Santa Irene. No ano 1971 faise coa cátedra e pasa a ocupar a cadeira do Instiuto Santo Tomé de Freixeiro, cargo que desempeñou ata a xubilación en 1985.

Ademais das clases oficiais, unha vez rematado o periodo lectivo, imparte a ensinanza de grego clásico e moderno para externos, e todos os días acude o seu despacho do Paseo de Alfonso, onde traballa moitas horas en verter o galego A Iliada de Homero, traducción que vería a luz, en parte en 1977, cunha escolma publicada pola editorial Castrelos, pero que se completaría en 1990, coa traducción literal dos 24 cantos e 15963 hexámetros da magna epopeia grega. A este traballo daríalle continuidade e en 1992 publícase a traducción dos 12210 hexámetros da Odisea. Con estas duas obras, por primeira vez traducidas ó galego, Evaristo de Sela ve cumplido aquel soño dunha noite na cadea: Homero xa falaba coma os seus veciños de Sela.

Os seus últimos anos de vida

A comenzos dos noventa Don Evaristo xa acusaba os primeiros síntomas da enfermidade que o deixaría en cadeira de rodas e que acabaría coa súa vida en 1994. Ainda así, cun importante deterioro físico, segue traducindo, e como non pode escribir, contrata unha mecanógrafa, á que lle dicta para que esta escriba. Pouco a pouco vaise apagando ata o seu pasamento o 28 de xuño de 1994.

A súa obra poética

Quedaron ineditos dous libros seus, ademáis de multirude de poemas e apuntamentos. Poesía neohelénica (1708-1977) viu a luz no ano 2001. Trátase dunha selección de poemas de autores contemporaneos gregos verquidos o galego durante os derradeiros anos de vida do autor. Con esta obra, demostrou ser tamén un gran coñecedor do grego moderno.

No ano 2007, publica Edicións do Castro dentro da colección Biblioteca do 36 un libro de poemas titulado Versos de preso e outras rimas, con introducción da súa filla, Stella Maris González Balbuena, e con épilogo de don Xesús Alonso Montero. O libro é unha recopilación de poemas escritos durante a súa estancia na cadea e nos anos anteriores en Sela e Bélxica.

O corpus poético de Evaristo de Sela ten sido motivo de estudo por profesores e investigadores ademáis de ser incluida en diferentes volúmes colectivos. A sua figura intelectual é recoñecida en toda Galicia tal e como dí na placa conmemorativa que se colocou na súa casa natal : honra das letras galegas.