A Asociación Cultural Evaristo de Sela naceu no ano 1999 na parroquia de Sela, no concello de Arbo, coa idea de fomentar e dinamizar a cultura en todas as súas manifestacións no ámbito da súa zona de actuación.
Adoptouse a denominación Evaristo de Sela como tributo e merecida homenaxe a Evaristo González Fernández (Sela 1917- Vigo 1994), poeta e tradutor de linguas clásicas ó galego e quefirmou todos os seus escritos como Evaristo de Sela, orgulloso de levar o nome da súa parroquia de nacemento como apelido literario.
O crecemento da Asociación
Se ben inicialmente a Asociación estivo ligada a celebración de diferentes festas, tanto patronais como de outra índole, a partir de 2011 centrou a súa actividade fundamentalmente na difusión da cultura, a historia, o folclore, a antropoloxía e demais manifestacións socioculturais relacionadas coa parroquia de Sela
O acto máis importante que levou a cabo, e que valeu para darlle un impulso moi importante e situala como unha asociación referente en todo o sur de Galicia, foi a celebración o 27 de novembro de 2011, xunto co Concello de Arbo e a Sociedade Española de Estudos Clásicos, dunha homenaxe a Evaristo de Sela en recoñecemento pola seu labor literario e de tradución. O acto celebrouse na casa natal do homenaxeado no barrio de A Granxa e nela participaron diferentes personalidades do mundo da Universidade e das Letras Galegas.
Nos anos seguintes organizáronse seráns nos barrios da parroquia como contribución a divulgación do folclore e da tradición.
No 2015 fúndase o grupo de Teatro Seliña, que leva representado diferentes obras polo sur da provincia de Pontevedra, Ourense e norte de Portugal acadando un importante éxito nas súas actuacións.
A Asociación Cultural Evaristo de Sela edita desde o ano 2000 o seu boletín “Seliña”, revista de divulgación cultural que distribuie entre os seus socios.