Saúda do presidente

A Asociación Cultural Evaristo de Sela que me honro presidir recoñece como principio fundamental dar a coñecer a obra poética e de tradución do poeta e helenista a quén debe o seu nome, ademáis de potenciar a cultura en todas as súas facetas na súa area de influencia: a parroquia de Santa Mariña de Sela, no concello de Arbo, na provincia de Pontevedra.

Durante os máis de vinte anos que leva fundada, as súas actividades foron numerosas: boletín Seliña, organización de Seráns e labradas populares,
celebracións do día das letras galegas, exposición diversas… e desde o ano 2015 tamén teatro co grupo Seliña que leva actuado máis de 50 veces en diversos puntos da xeografía galega e do norte de Portugal.

A importancia dos nosos socios

Contamos con máis de cen socios, todos eles comprometidos coa Asociación e, que son o noso máis rico patrimonio; grazas a súa colaboración podemos realizar todas estas actividades. Aproveito para mostrarlle o meu agradecemento xunto co da Xunta Directiva que presido. Con eles e por eles imos a continuar traballando e realizando actividades culturais.

Agapito Valado
Presidente.