Asociación Cultural Evaristo de Sela

A Asociación Cultural Evaristo de Sela naceu no ano 1999 na parroquia de Sela, no concello de Arbo, coa idea de fomentar e dinamizar a cultura en todas as súas manifestacións no ámbito da súa zona de actuación.

Quen somos?

A Asociación Cultural Evaristo de Sela naceu no ano 1999 na parroquia de Sela, no concello de Arbo, coa idea de fomentar e dinamizar a cultura en todas as súas manifestacións no ámbito da súa zona de actuación.

Adoptouse a denominación Evaristo de Sela como tributo e merecida homenaxe a Evaristo González Fernández (Sela 1917- Vigo 1994), poeta e tradutor de linguas clásicas ó galego e que firmou todos os seus escritos como Evaristo de Sela, orgulloso de levar o nome da súa parroquia de nacemento como apelido literario.

O grupo de teatro Seliña

No ano 2015 fúndase o grupo de teatro “Seliña” coa intención de recuperar esta afección tan importante en Sela durante varias étapas da sús historia.

Estas son algunhas das súas obras

“Os vellos non deben de namorarse”

De Alfonso Rodríguez Castelao

“Historias Paralelas”

Varias escenas cómicas montadas polo propio grupo

O boletín Seliña

Fundase en xullo do ano 2001 como boletín informativo da Asociación. Recolle noticias, recensións, estudos sobre toponimia, antropoloxía, colaboracións literarias e sobre todo divulga a obra édita e inédita de Evaristo de Sela.

Saúda do presidente

A Asociación Cultural Evaristo de Sela que me honro presidir recoñece como principio fundamental dar a coñecer a obra poética e de tradución do poeta e helenista a quén debe o seu nome, ademáis de potenciar a cultura en todas as súas facetas na súa area de influencia: a parroquia de Santa Mariña de Sela, no concello de Arbo, na provincia de Pontevedra.

As nosas próximas actuacións

Ejemplo actuaciones

«Mundos Contados» TALÍA TEATRO (GALICIA) Teatro del Andamio. calle Suárez Ferrín 10 Bajo. Ver mapa DESCRIPCIÓN Unha atractiva viaxe que nos fará pensar en que planeta vivimos, poñendo de releve os aspectos diferenciadores das distintas culturas do mundo. Dín que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela. Din […]

Read More