
Máis de 50 actuacións
Galicia e norte de Portugal, desde 2015.
Somos o grupo de teatro da Asociación Cultural Evaristo de Sela, en Arbo (Pontevedra). Se programas teatro nunha festa, unha semana cultural ou un auditorio, cóntanos que precisas.

Galicia e norte de Portugal, desde 2015.
«Os vellos non deben de namorarse», de Castelao; «Historias paralelas», escenas cómicas propias; e as comedias de Agapito Valado «As vellas si deben de namorarse… dos vellos» e «Menuda familia», a obra que temos agora en cartel.
Galicia e o norte de Portugal. Xa levamos as nosas obras polo sur da provincia de Pontevedra, por Ourense e polo norte de Portugal. Sela está a carón do río Miño, na raia con Portugal.
Máis de 50 actuacións desde 2015, con obras propias e de autor.
Escríbenos co concello ou a localidade, a data ou as datas posibles e o tipo de espazo (salón, auditorio, praza…). Respondémosche coa dispoñibilidade e as condicións.
Tamén podes chamar ao 628 55 65 49.